Ribeira

PRISION PROVISIONAL PARA ACUSADO DE CRIME MACHISTA EN RIBEIRA

O pasado 26 de marzo o presunto asesino do crime machista de Ribeira paraba a disposición xudicial, sen embargo a equipo médico considerou que non se atopaba en condicións de saúde. Este ingreso prolongouse ata o día de hoxe, cando o acusado acudía ao Xulgado de Instrucción número 3 de Ribeira. A titular do xulgado especializado en violencia sobre a muller decisiu enviar ao preseunto asesino a prisión provisional, comunicada e sen fianza ata a celebración do xuízo.

O home acusado de matar a súa exparella de 25 anos en Palmeira foi considerado pola xuíza autor dun delito de homicidio con agravante de xénero e parentesco.

Ademáis do ingreso en prisión, a maxistrada ratificou as medidas adoptadas no auto emitido o 20 de marzo con atribución cautelar á avóa materna da patria potestade do fillo en común. Suspendendo as visitas e a comunicación do menor de 2 anos co seu pai.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.