Deportes

O BARBANZA ACOLLERÁ EN XULLO DÚAS REGATAS DA ACT. A PRIMEIRA DESPUTARASE EN RIBEIRA E A SEGUNDA EN CABO DE CRUZ

Xa é oficial o calendario competititivo das ligas Eusko Label e Euskotren de regatas que foi publicado pola ACT. Tanto a liga masculina como a feminina dará comeza en A Coruña o 29 de xuño e continuarán durante todo o verán por diferentes costas de España.

Este ano as costas galegas, ademáis da primeira cita, acollerán tres xornadas máis, dúas delas no Barbanza. A primeira terá lugar en Ribeira o día 20 de xullo grazas a un acordo entre a ACT e a Mancomunidade Barbanza Arousa que traerá aos mellores equipos do país á ría de Arousa. A segunda xornada da comarca será ao día seguinte, o 21 de xullo, esta vez en Cabo de Cruz.

Na competición de Ribeira recupéranse dous campos en formato de seis largos y cinco ciabogas na proba masculina, e na feminina de tres largos e dúas ciabogas. A cuarta cita galega terá lugar con anterioridade o 30 de xuño en Bueu, así que Cabo de Cruz despedirá as ligas de 2014 en Galicia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.