Deportes

PRETO DE 300 PERSOAS DESFRUTARON DA VELADA DE BOXEO CIUDAD DE RIBEIRA ORGANIZADA POLA ESCOLA EL CANARIO O PASADO XOVES

O pavillón Torres Colomer de Palmeira acolleu a unha 300 persoas afeccionadas ao boxeo na duodécima velada de boxeo Ciudad de Rieira que organiza o clube El Canario. Esta competición celebrouse o pasado xoves desde as 19 da tarde e os asistentes puideron desfrutar de sete combates moi axustados e que deron moito espectáculo.

Un dos combates máis esperados era o da púgil local Clara Millares que xa anunciara que sería a súa última pelexa na capital barbanzana. Tras uns duros asaltos, finalmente Millares facíase coa vitoria fronte a Milagros Redondo. Poñendo así o broche final a todos estos anos de duro rendemento.

Os outros seis combates foron tamén axustados e sobre todo emocionantes para o público e os deportistas. A destacar, o debutante Pablo Miniño de El Canario caeu ante Teo Lo Curto e o outro debutante, Nico Benítez do SKT marchou para casa cun combate nulo. Os deportistas seguirán adestrando para futuras competicións e mellorar resultados.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.