Boiro

ABSOLTO O EX-XEFE DA POLICÍA LOCAL DE BOIRO DO DELITO DE PREVARICACIÓN

O Concello de Boiro presentou unha acusación particular contra o ex-xefe da Policía Local, Manuel Feás, por presuntamente retirar multas a amigos e coñecidos entre os anos 2013 e 2019, momento no que foi cesado cautelarmente do seu cargo.

Sen embargo a sección sexta da audiencia provincial de A Coruña absolveu ao acusado ao non atopar probas concluíntes de que as denuncias non foran tramitadas por orde directa do acusado.

A vista oral tivo lugar durante o mes de febreiro en Santiago de Compostela e estivo dividida en tres sesións na que prestaron declaración testigos e protagonistas. Durante as mesmas esclarecéronse os feitos e a sentencia considerou que o acusado non era culpable e que as multas non foron tramitadas por deficiencias na documentación, ou por posibles extravíos ao tratarse dun traballo masivo. Mais que en ningún casa Manuel Feás era o responsable pese a ser o responsable do buzón onde se recibían as multas diarias impostas polos axentes. Un dos principais argumentos da acusación para sinalar a responsabilidade do ex-xefe de policía.

A Audiencia Provincial concluíu en que non había probas de que os trámites non foran levados a cabo de maniera intencional para favorecer a coñecidos e absolveu tódolos cargos aínda que ante a sentencia cabe presentar recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O concello de Boiro pola súa parte estuda as posibilidades para tomar unha decisión sobre se recurren o resolución ou non.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.