Deportes

OS ATLETAS BARBANZANOS PARTICIPARON ESTA FIN DE SEMANA NA PRIMEIRA EDICIÓN DO CRITÉRIUM GUS DACAL

As pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acolleron esta fin de semana a primeira edición do Critérium Gus Dacal. A xornada comezaba con máis dunha hora e media de retraso debido á falta de luz no estadio. Finalmente xuices e corpor técnicos deciciron comezar así, sen embargo, despois de que dous atletas lanzaran a súa xavelina, decidiuse suspender a proba por falta de luz.

Os lanzadores recolleron as súas cousas e cando estaban marchando os focos iluminaron a pista pontevedresa. Algún competidor decidiu abandoar e non retamola, mais outros, tras a opción de continuar cos lanzamentos deron media volta e retomaron a proba. Isto ocorría 30 minutos despois de paralizar os lanzamentos e xa co estadio valeiro, e aínda así os atletas do clube atletismo Barbanza decidiron saltar de novo á pista.

Lara iglesias aínda con todo lograba lanzar a súa xavelina ata os 50,51 metros, o que supón a mellor marca sub18 española, a quinta do mundo e a segunda de europa da tempada. Ademáis de mínima para o campionato de Europa sub18.

Enzo López tamén facía un bo concurso pese ás adversidades e gañaba a xavelina masculina cun lanzamento de 57,46 metros, o seu mellor rexistro persoal.

Os lanzamentos foron bos e as sensacións tamén, sen embargo o concurso rematou truncado de novo imposibilitando os últimos lanzamentos por un novo apagón no estadio case tres horas despois do horario oficial da proba.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.