Continúa a Liga de Bateis da zona norte e a competición volverá a vivirse na comarca. Nesta ocasión as augas do porto da Pobra do Caramiñal acollerán a disputa da V Bandeira Concello da Pobra, proba que se desenvolverá o domingo a partir das 10.30 horas. Está organizada polo Club Remo Puebla e conta coa colaboración do Concello da Pobra e da Federación Galega de Remo, ademais de Protección Civil.