Deportes

E ESTA FIN DE SEMANA A EMOCIÓN DOS BATEIS VIVIUSE EN RIANXO E RIBEIRA COA DISPUTA DAS SÚAS RESPECTIVAS BANDEIRAS

A comarca acolleu esta fin de semana unha dobre xornada da Liga norte de bateis. A primeira parada foi en Rianxo, onde estaba en xogo a IX Bandeira Confraría de Pescadores Virxe do Carme. No apartado feminino o dominio foi de Cabo da Cruz xa que as súas embarcacións conquistaron as categorías infantil, cadete e sub23, foron segundas en alevín e terceiras en xuvenil feminino. Outros equipos da comarca tamén deixaron o seu selo, como o Náutico de Ribeira que se impuxo en xuvenil ou a Esteirana, que foi primeira el alevín.

E no apartado masculino o vermello tamén luciu na meirande parte dos primeiros postos do podio. Cabo da Cruz conquistou as categorías alevín, infantil, cadete e sub23, e ocupou o segundo podio no absoluto. Lugar que tamén ocupou o Puebla en Alevín e cadete.

E como broche de ouro á fin de semana as augas que bañan Ribeira foron o escenario no que se disputou a VI Bandeira Concello de Ribeira. No apartado feminino Cabo da Cruz foi primeira en infantil e cadete, Rianxo fíxose co sub23, onde cabo foi segunda lugar que tamén ocupou na sub23, e a Esteirana volveu a mandar en alevín por diante do conxunto local.

Mentres que na categoría masculina estivo moi reñido ata o final. O Náutico de Ribeira, Puebla e Cabo da Cruz repartíronse as vitorias. Os locais foron primeiros na sub23 e en alevín, Puebla en infantil e cabo en absoluto e cadete. Polo que se fixo coa bandeira por tan só un punto de diferencia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.