O Puebla enfrontábase fora da casa ao Baio, un partido aparentemente fácil para os xogadores barbanzanos pola ventaxe que lles levabasn na clasificación. Sen embargo a intensidade do partido no foi a esperada e o Baio encaixaba o primeiro tanto do encontro xa na segunda parte no minuto 51. Os da pobra tentaron revertir o marcador, mais foi un erro dos rivais o que facía o empate no marcador cun gol de Daniel López en propia porta. O 1 a 1 foi o resultado final dun encontro dos que os barbanzanos non saíron de todo cómodas, aínda qu todavía seguen nunha segunda posición na táboa aínda que empatados a puntos co Cordeiro.
O outro dos empetes da fin de semana foi da Esteirana na casa do Cordeiro. O equipo viaxou ata Valga cara un partido aperentemente dificil contra os terceiros clasificados, sen embargo sonseguiron manter a portería a 0. Aínda que tampouco conseguiron encaixar ningún tanto. Polo momento seguen na parte baixa da táboa mais salvados dos postos de descenso.
O Valiño tamén tivo que xogar fora da casa nesta fin de semana, sen embargo púidose facer coa vitororia contra o Agolada. Unha vitoria moi necesaria para os barbanzanos que pese a esta vitoria seguen en postos de descenso con 27 puntos e a dous da salvación a falta de sete xornadas. O Valiño comezaba o encontro perdendo desde o minuto 20, mais souberon revertir a situación e finalmente firmar un 1 a 2.
O ültimo dos equipos da comerca foi o Unión, que se impuso ante o cruces por un contundente 3 a 0 no campo De Vilas. Os rianxeiros dominaron o partido desde o inicio encaixando un gol no minuto 4 do encontro e non persoaron ningunha ocasión. Este resultado colócaos cuartos na clasificación e a catro puntos dos postos de ascenso.