Deputación Da Coruña

O PLAN ÚNICO DA DEPUTACIÓN FINANCIA UNHA NOVA FASE DAS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DA RÚA DA CAPELA NO CONCELLO DE OUTES

Xa está publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación das obras de humanización da rúa da Capela no concello de Outes. Unha actuación financiada ao 100% con fondos do Plan Único do 2023 cun orzamento de 103.438 euros.

As obras darán contiuidade ao prxectode humanización da céntrica rúa do concello que da acceso a servizos como o centro de saúde. Conseguirase creando e amplianado beirarrúas en ambas marxes delimitadas con bordo de granito e baldosa de formigón vibrado granallada, ofrecendo así un espazo máis amplo e seguro para a circulación peonil.

O proxecto inclúe tamén a renovación da capa de rodaxe da estrada e dos aparcamentos. Así como a renovación de servizos coa canalización subterránea de saneamento e abastecemento de auga, electricidade, telefonía e alumeado e a recollida de pluviais. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 8 de abril.

Tamén con cargo a estas actuación financiaranse as obras de pavimentación de dous tramos de 400 e 185 metros do camiño da Grela en Cando, que incluirá o rebacheado, a limpeza de gabias e perfilado de mordentes e o tratamento asfáltico para renovar o firme.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.