Tres mariñeiros de Ribeira foron rescatados esta madrugada tras sufrir un naufraxio preto de Sálvora. O parecer unha ola sorprendeunos cando estaban faenando, perderon o motor e o barco bateu coas rochas.
Os homes navegaban a bordo do pesqueiro Vilar Dous que se adica á pesca do polbo. Tras caer o mar foron rescatados por outra embarcación con base en Ribeira, o “Capi”. Este trasladounos ata o porto de Aguiño con síntomas de hipotermia. No peirao de Aguiño agardaba unha dotación de Urxencias Médicas que trasladou aos mariñeiros ao Hospital do Barbanza.
https://www.youtube.com/watch?v=t08cqRkuHgE