Efectivos dol Destacamento da Agrupación de Tráfico de Santiago acudiron o mércores a un accidente sucedido no lugar de Frións, na parroquia ribeirense de Carreira, onde un Peugeot 206 se saira da vía. Os seus ocupantes xa foran evacuados ó hospital do Barbanza e tras realizar unha inspección do vehículo sinistrado atoparon no seu interior case 150 gramos de hachís.
https://www.youtube.com/watch?v=4CeufsIuMZk