Achégase o final da Superliga 2, tan só faltan dúas xornadas por disputarse e o Boiro Voleibol quere poñer fin a esta temporada da división de prata do volei nacional con boas sensacións. Por iso buscará disputarlle a vitoria ao segundo clasificado do grupo A, o Intasa San Sadurniño. O dous conxuntos protagonizarán un novo derbi galego no que se agarda desfrutar dunha gran tarde de voleibol.