Veciños de Ribeira piden que se solucione o problema dos cheiros coa depuradora

Veciños de Castiñeiras e Aguiño reuníronse onte para falar dos problemas que está a xerar a nova depuradora de Ribeira. Dende que entrou en funcionamento en fase de probas afirman que soportan cheiros continuos, e temen que poidan acabar afectando á súa saúde.
Á xuntanza achegáronse un bo número de veciños que afirman non soportar os olores que saen, sobre todo, dos puntos de bombeo.
A Comisión de Afectados polo novo saneamento de Ribeira entregou na Delegación da Consellería de Pesca 1425 escritos de denuncia e transmisión de queixas debidas aos problemas que ven producindo dende o mes de Agosto o novo saneamento ribeirense, quéixanse dos cheiros que soportan. Os escritos van dirixidos ao Director Xeral de Saúde Pública, Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Director de Augas de Galicia. Non descartan tomar novas medidas ou mesmo recorrer á vía xudicial.

https://www.youtube.com/watch?v=FF72pPqJyoA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.