A Liga Nacional Xuvenil avanza e encara o seu tramo final onde o Boiro terá que apurar as súas opcións para manter vivo o soño da permanencia. Os do Barbanza medíronse esta semana ao Alondras na vixésimo sexta xornada e apañaron un empate.
O verde de Vista Alegre foi o escenario onde se desenvolveu este choque entre o último e o décimo clasificados da competición. Agardábase un duro encontro no que os locais precisaban puntuar para seguir loitando pola permanencia. A igualdade foi a tónica dominante do encontro. Os dous conxuntos buscaron o gol para adiantarse no marcador, sen embargo non se moveu nos primeiros 45 minutos. Manuel Salgado introduciu cambios na segunda metade para buscar ese plus en ataque para facerse co triunfo, pero os intentos do Boiro non foron frutíferos. Sen embargo a súa defensa estivo ben atenta para frear as ocasións do Alondras de facerse co triunfo. 0-0 final, reparto de puntos que coloca ao Boiro con 15 e queda a tres do antepenúltimo lugar que ocupa o Valladares. Sen embargo a permanencia ponse a sete puntos xa que o Victoria CF gañou o seu encontro.
Esta fin de semana o Boiro terá unha nova final na que precisa puntuar para non descolgarse da permanencia a falta de oito xornadas por disputarse. Vivirá un encontro moi complicado xa que visita o feudo do terceiro clasificado: o Atlético Coruña Montañeros. O duelo terá lugar o sábado ás 16.15 horas no San Pedro de Visma 1.
E na Primeira Galicia Santiago Xuvenil o Cidade de Ribeira segue no máis alto da táboa logo de impoñer a súa lei no derbi comarcal ante o porto do son. Os branquiazuis fixéronse coa vitoria ao superar por 5-2 aos sonenses, que pechan a xornada no penúltimo lugar da clasificación. O Noia encadeou a súa segunda vitoria seguida logo de superar ao Estrada por 4-1 polo que se mantén no duodécimo lugar. O Escola de Fútbol Municipal de Boiro non pasou do empate a dous co Cordeiro e rematou a xornada décimo terceiro. E o Atlético Oleiros subiu ao décimo sexto lugar logo de empatar a uns co Bertamiráns B.