50 anos á fronte da Floristería Amigo, en Santa Uxía, confeccionando ramos e coidando flores, toda unha vida ofrecendo o mellor ás súas clientas, ramos elaborados con cariño, para cada ocasión. Unha dedicación que agora recibe recompensas, como a sorpresa que hoxe recibiu María Fernanda Cores, encargáronlle un ramo para entregar no Club Nautico de Ribeira, e a agraciada era ela, alí agardábana clientas, familiares e amigas, para homenaxeala na súa xubilación. Emocionada agradeceu o xesto.
https://www.youtube.com/watch?v=VE8w_Nit97I