O CONCELLO DE BOIRO contará este ano coa colaboración dos comerciantes para participar nas actividades do 25n, día internacional contra a violencia de xénero.

O Concello de Boiro ven de acordar estes días coa Asociación Boirense de Empresarios (ABE) a participación dos seus asociados nas actividades organizadas para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Os asociados da ABE e outros establecementos, colgarán nos seus escaparates un lema de repulsa contra a violencia de xénero entre o 21 e 25 de novembro, ademais de repartir lazos entre os seus clientes ese mesmo día.
Con esta iniciativa o Concello de Boiro pretende implicar as empresas e comercios locais na concienciación cidadá sobre este grave problema social e mostrar ás vítimas o seu apoio.
A desigualdade entre homes e mulleres e a violencia que as veces estas poden chegar a sufrir, é un tema que Beatriz Deus, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade e promotora de esta iniciativa, coñece de primeira man ao estar á fronte do Centro de Información a Muller (CIM) do Concello, onde tratan con mulleres en situación de vulnerabilidade a diario.
Esta pegada de carteis non é a única actividade programada, xa que o venres 25 ás 19h na Praza de Galicia lerase un manifesto e impartirase unha clase de zumba para que todos e todas nos movamos contra a violencia de xénero, ben participando ou simplemente asistindo a este acto lúdico a vez que reivindicativo.

https://www.youtube.com/watch?v=sFkRcd-Lbb8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.