Seis persoas foron detidas como presuntos autores de vinteseis delitos de roubos con forza en lavanderías autoservizo de León, Asturias, Lugo, Pontevedra e A Coruña. Os integrantes do grupo criminal, naturais de León, A Coruña e Barcelona, actuaron entre os meses de decembro de 2023 e marzo de 2024 e o valor das sustraccións ascende a uns 20.00 euros según a dilixencia da Garda Civil de León.
Durante os roubos dous dos membros accedían ao interior do local e forzaban, extraían e introducían as máquinas de cambio en sacos, mentres os resto vixiaba o exterior e esperaban no vehículo para a fuxida. Un destes roubos prodúxose nun establecemento situado no concello de Boiro.
A operación Lavamoney comezou o día 9 de febreiro tras un roubo en Bembibre para esclarecer a oleada de delitos. Unha vez identificados, o 13 de marzo o dispositivo ao mando procedeu á detención cando os presuntos delincuentes dispoñianse a realizar outro roubo na localidade de sanxenxo. Tras as detencións rexistráronse tamén varias localidades en León e A Coruña onde apareceronas vestimentas e as ferramentas empregadas.
Os detidos xunto coas dilixencias instruídas e os efectos intervidos puxéronse a disposición do Xulgado de Instrución 3 de Ponferrada, que decretou o ingreso en prisión de tres dos integrantes.