Esta fin de semana viviuse unha dobre ración de bateis. A Liga Galega zona norte de bateis disputou dúas xornadas: a prevista para o sábado en Celeiro e a segunda o domingo en Cabo de Cruz tras adiarse no seu momento polo mal tempo. As embarcacións do Club de Remo Cabo da Cruz foron as protagonistas nas dúas probas.
O conxunto boirense dominou a II Bandeira Concello de Viveiro en cinco das trece categorías. Os vermellos foron os mellores en infantil, cadete e sub23 feminino, e en infantil e cadete masculino, resultados que lles valeron para levarse as bandeiras masculinas e femininas.
E o domingo foi a quenda da proba de Cabo de Cruz. O porto local acolleu a VII Bandeira de Bateis Concello de Boiro logo de ter que adiarse do pasado 2 de marzo por condicións meteorolóxicas. Os crucenses foron os mellores clasificados en infantil, cadete, sub23 e absoluto masculino, e en infantil e cadete feminino. Rianxo impúxose en s23, xuvenil feminino, Puebla anotouse a vitoria no alevín masculino e a Esteirana no alevín feminino.
Esta fin de semana haberá novamente unha dobre cita desta Liga Galega zona norte de bateis xa que o sábado disputarase a IX Bandeira Confraría de Pescadores de Rianxo e o domingo será a quenda da VI Bandeira de Bateis Concello de Ribeira.