O restaurante Baiuca acolleu na tarde de onte unha das citas máis agardadas en Ribeira: a chocolatada para as persoas maiores promovida pola Asociación Amas de Casa de Ribeira. Preto de catrocentas persoas acudiron a adozar os padais nesta homenaxe que impulsa Amas de Casa para destacar o esforzo dos maiores para converter á localidade no motor da comarca.