Deputación Da Coruña

O TEATRO COLÓN DA CORUÑA ACOLLE MAÑÁ A GALA DOS PREMIOS CULTURAIS DA DEPUTACIÓN 2023 PARA CELEBRAR O TALENTO E A CREATIVIDADE DO PAÍS

Xa está todo preparado no teatro Colón para a terceira gala dos premios culturais da deputación da Coruña, unha velada que conducirá a actriz Sabela Arán e que contará coas actuacións musicais das bandas Satélite Salitre e Aldaolado. Na cita a institución provincial volverá celebrar o talento de quen se fixeron co premio nos certames convocados en 2023; os mais deles, galegos, pero cuxas obras están a acadar recoñecemento en todo o Estado.

As categorías van desde a fotografía ata a literatura pasando pola música. Todos eles recibirán a peza creada, xa para a primeira edición da gala, pola escultora Soledad Penalta: un ‘C’ realizado en aceiro que representa o ‘C’ de cultura e o ‘C’ de Coruña.

Farán entrega dos galardóns o presidente da Deputación, Valentín González Formoso; a deputada de Cultura, Natividade González, e Mercedes Fernández-Albalat, xefa do servizo provincial de Cultura.

A entrada á gala é libre e as portas do Colón abriranse ás 18.30, media hora antes do comezo da velada, para que o público poida pasar polo fotocol que se instalará no vestíbulo do teatro.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.