Deputación Da Coruña

A DEPUTACIÓN AMOSA A SÚA VONTADE DE AVANZAR NUN CONVENIO QUE MELLORE A INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON SÍNDROME DE ASPERGER

O presidente da deputación, Valentín gnzález Formoso visitou hoxe a sede da asociación Galega de Asperger para coñecer os programas que se desenvolven alí. Acompañado da deputada de Política Social, Mar García, reuniuse coa presidenta, a vicepresidenta, a directora e outros membros da xunta directiva, que lles trasladoron as diversas necesidades da asociación.

Un dos principais retos ao que se enfrontan é que as persoas con asperger acaden unha autonomía, porque deben conseguir un emgrego, cousa que aseguran, non é doado. O presidente da deputación amosou o interese por colaborar con Asperga e facilitar a nsercción laborar. Para iso, propúxose, entre outras cousas, avanzar na realización dun convenio que permita aproveitar con ese fin a rede provincial de coworking.

Asperga comezou a traballar no ano 2006 e desde a directiva trasladaron que moitos dos nenos e nenas cos que traballaron agora, na vida adulta, precisas axuda para a súa empregabilidade.

A asociación presta servizos especializados a persoas con trastorno de espectro autista como intervención psicolóxica, logopédica, terapia ocupacional ou desenvolver programas de habilidades e de asesirías sociais, ademáis de incluír asistencia a familias, centros educativos u persoas sanitario.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.