A Casa Consistorial de Noia está ser sometida a unha serie de melloras co fin de facilitar o traballo nos departamentos de contabilidade e secretaría, para deste xeito axilizar o pago de facturas a provedores e outras xestións de interese para os veciños e veciñas.
Coa finalidade de axilizar o traballo e ofrecer un servizo máis rápido e eficaz, tamén se reforzou o acceso a internet coa conexión a banda ancha e a dotación de uns 40 ordenadores novos e modernos en distintos departamentos.
https://www.youtube.com/watch?v=LsKj5Zg8jwo