A maior parte da inversión que realizan as familias nestas sinaladas datas vai destinado a agasallos, sobre todo para os mais noviños da casa, pero unha boa parte vai destinada a comida. As familias queren desfrutar nestas datas dos mellores manxares, e non ha faltar o marisco, peixe e carne da mellor calidade nas mesas.
Unha maneira de aforrar é mercando o marisco con antelación, antes de que comece a encarecerse o seu prezo, esta mañá comprobamos como as primeiras centolas que chegaron esta semana ós mercados logo atoparon destino, a media mañá no mercado municipal da Pobra, apenas quedaban exemplares.
As familias gastarán uns 250 euros de media este nadal
Please login to join discussion