Da man dos GALP Ría de Arousa chega á Pobra do Caramiñal a obra teatral, ‘As do peixe’ , unha obra de Cándido Pazó que leva ós escenarios a compañía Abrapalabra Creacións Escénicas. Trátase dunha obra na que se amosa o traballo das mulleres da conserva nos anos setenta, e coa que se quere promocionar a cultura mariñeira entre os mais novos.
Por outra banda trabállase na liña medio ambiental, coa realización de traballos nos colexios, fomentando a reciclaxe e a importancia de manter limpo o mar. Nesta iniciativa pretendese implicar ó sector pesqueiro, coa finalidade de que mariñeiros xubilados expliquen os rapaces dos colexios o duro que era o traballo no mar.
https://www.youtube.com/watch?v=VpQ2ah54HXk