Os bombeiros tiveron unha xornada de moitas saídas. Esta madrugada os profesionais de Boiro tiveron que desprazarse ata Ribeira para intervir nun aviso por un incendio rexistrado nun soto. Foi necesaria a participación do equipo de Boiro xa que o parque de Ribeira estaba pechado por falta de persoal. O suceso rexistrouse arredor das 00.45 horas logo de que se iniciara un lume no soto dunha vivenda situada na rúa da Fieiteira. Afortunadamente o lume non ocasionou danos nin feridos pero os bombeiros tiveron que ventilar as zonas afectadas pola gran cantidade de lume xerada.