O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o coordinador da Federación Rural Galega, Manuel Dacal Vázquez, e a deputada responsable da área de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán Cancelo, asinaron na sede da institución provincial o convenio para o financiamento do proxecto “Estudo, Análise de Viabiliade Económico-Social e Medio-Ambiental nas franxas da biomasa forestal nos Montes Veciñais en Man Común das comarcas do Barbanza e da Costa da Morte na Provincia da Coruña”.