As accións formativas que impartirá a Consellería do Mar nos diferentes portos de Galicia e na aula de seguridade da Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol comezarán o vindeiro 18 de novembro en Muros cun curso de Operador/a Restrinxido/a de Sistema Mundial de Socorro e Seguridade (SMSSM) e prolongaranse ata finais de novembro do 2017. Para este período a Consellería do Mar oferta máis de 120 accións nos diferentes portos de Galicia e na aula de seguridade da Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol.
Este tipo de formación responde ás necesidades formativas do sector e a eles a Xunta destina máis de 800.000 euros cofinanciados co Fondo Europeo e Marítimo da Pesca. Dela poderán beneficiarse as persoas queren exercer ou exercen a súa actividade laboral no ámbito do mar e asociados das confrarías. Estas accións de formación non regrada permiten obter titulacións profesionais e certificacións de especialidade con destino ao sector pesqueiro e son necesarias para o exercicio da actividade profesional náutico- pesqueira.
Entre eles haberá cursos de mariñeiro pescador, de formación básica en seguridade, de patrón local de pesca, de formación sanitaria e de operador do Sistema mundial de socorro e seguridade marítimos restrinxido (GMDSS). Tamén se contemplan cursos avanzados de loita contra incendios e de embarcacións de supervivencia e botes de rescate non rápidos.
Ata o de agora os cursos que están confirmados son os seguintes. O resto iranse concretando en función das demandas do sector das distintas confrarías do litoral. As persoas interesadas en inscribirse nos cursos deberán dirixirse ás confrarías de pescadores ou ao sevizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras da Consellería do Mar.
https://www.youtube.com/watch?v=psBmN8FRp4U