Xunta de Galicia

RUEDA PUXO EN VALOR A PROCURA DA EXCELENCIA DO ALUMNADO DAS UNIVERSIDADES GALEGAS

O Palacio de Congresos de Santiago de Compostela abriu esta mañá as súas portas para albergar o acto de entrega dos Premios Ángela Ruiz Robles de excelencia académica ao alumnado de grao universitario. Nesta edición recoñeceuse a valía de 790 estudantes das universidades galegas, de todas as ramas de coñecemento logo de conseguir as mellores cualificacións nos seus graos os cursos 22-23 e 23-24. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu á entrega e afirmou que estes galardóns son un reflexo da Galicia que aposta pola excelencia, a igualdade de oportunidades e o coñecemento como motor de progreso.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.